InicioLugo e contornaLugoO pregón de Marisol Bravos dará o pistoletazo ás festas do San...

O pregón de Marisol Bravos dará o pistoletazo ás festas do San Froilán, que recuperan as verbenas

Entre os 75 concertos programados, destaca a presenza de bandas locais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As festas patronais de Lugo, o San Froilán, arrincan este luns co pregón da xornalista Marisol Bravos, que dará inicio a oito días de celebración nos que están programados 75 concertos, a gran maioría de bandas locais.

O pregón, que correrá a cargo da presidenta de Cogami a partir das 19,30 horas do luns desde o balcón da casa consistorial na Praza Maior, Lugo volverá vivir o San Froilán, que aínda vivirá as restricións da pandemia pero que recuperará algunhas das súas características, como as verbenas.

Así, disporase de tres prazas para as actuacións; Horta do Seminario, a Praza de Santa María e o aparcadoiro do vello auditorio Gustavo Freire, todos eles “perfectamente perimetrados” en cumprimento dos protocolos anticovid.

Cada día, segundo apuntan fontes da área de cultura, celebraranse tres concertos en cada un dos escenarios e tamén se organiza un para os máis pequenos no parking do Seminario. Entre outras actuacións inclúense a das Drogas, exvocalista de Barricado, ou do grupo Tanxugueiras, o trío formado polas irmás Olaia e Sabela Maneiro xunto con Aida Tarío, que chega a este San Froilán tras ser elixidas os fans do festival como as súas preferidas para representar a España no festival de Eurovisión.

Tamén haberá orquestras, con presenza na praza Augas Férreas, onde actuarán a París de Noia, Marbella, Costa Dourada e Arizona.

Finalmente, tras días de polémica pola postura do BNG de non contar con recinto feiral porque podería incumprirse os protocolos marcados pola Xunta, foi a alcaldesa, Lara Méndez, a que asumiu a responsabilidade para que este ano haxa barracas nas festas de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...