InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo abonou en 2020 preto de 9.000 facturas a...

O Concello de Lugo abonou en 2020 preto de 9.000 facturas a empresas e autonómos por importe de 53’7 millóns de euros

A área de Tesourería di que abonou no pasado exercicio económico o 96’67% das obrigas contraídas pola Institución, segundo reflicte a Conta Xeral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo abonou en 2020 a cantidade de 86.652.815 euros, relativa as obrigas que o consistorio contraeu ese ano. Un concepto que aglutina o pago aos provedores pero, tamén, ás persoas beneficiarias das diferentes axudas e subvencións municipais que se convocaron, entre outras moitas partidas.

Así, a área de Tesourería tramitou e liquidou durante o anterior exercicio o 96’67% dos gastos asumidos pola Administración local, tal e como reflicte a Conta Xeral dentro dos indicadores que avalan a suficiencia económica da Institución. “Nesa porcentaxe inclúense, por tanto, un total de 8.982 facturas de empresas e autónomos que nos subministran obras e servizos, por un importe conxunto de 53.786.612 euros”, puntualizou a concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos.

A tenente de alcaldesa quixo destacar, igualmente, a redución durante o pasado ano do Período Medio de Pago aos provedores (PMP), que diminuiu case no 23% (22’88%) pasando dos 10’4 días rexistrados en 2019 aos 8’02 no 2020, por debaixo dun terzo do prazo legal establecido (30 días).

“Este balance contable constata non só que fixemos un maior esforzo económico a pesar da diminución de ingresos que supuxo a pandemia para as arcas locais, incrementando até os 909’88 € o investimento realizado por habitante, senón tamén que, grazas á implantación dos protocolos de traballo interno que estamos a aplicar, fomos quen de axilizar os procedementos”, salientou Paula Alvarellos.

“Dende o executivo queremos amosar a nosa satisfacción porque os pasos que levamos dados até o momento, en prol da eficacia administrativa – e para que esta reverta nunha maior celeridade burocrática e nunha mellor atención cidadá – estean a dar resultados”, concluíu Paula Alvarellos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...