Unha enorme festa do jazz, coa participación de máis de 100 artistas galegos, música e bailaríns, homenaxeando os comezos do xénero, desde os anos 10 ata os 50, durante máis de seis hora de directo. Así conciben desde Escobi a II Festa do Jazz Galego que terá lugar este vindeiro domingo na Praza de Santa María de Lugo.
O proxecto contará tamén coa emisión en streaming a través das redes sociais “para permitir que todo o mundo poida vivir un espectáculo que percorrerá a historia do jazz na primeria metade do pasado século”, explica a organización nun comunicado.
Desde as 13 horas ata ás 19 máis de 100 artistas -114 músicos e 10 bailaríns- irán subindo ao escenario. A organización indica que se respetarán todas as medidas de seguridade e consideran “imprescindible” seguir apostando polo dixital. Esperan chegar ao éxito da edición do 2020, na que o evento contou con preto de 2.000 espectadores en directo e máis de 30.000 visualizacións online.