InicioLugo e contornaLugoCríticas dos concellos ante a falta dun protocolo para o inicio do...

Críticas dos concellos ante a falta dun protocolo para o inicio do curso

O edil de educación criticou que desta forma non poden planificar os servizos que lles hai que dar aos centros de ensino

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, pediu á Xunta que publique os protocolos sanitarios a aplicar nos centros de ensino de cara ao inicio do curso. Felipe Rivas afirmou que “estamos a pouco máis de 10 días para o inicio do curso e seguios sen un protocolo definitivo”.

O edil explicou que a falta de protocolos fai que non poidan planificar os distintos servizos que o Concello de Lugo dá aos centros de ensino. “Aínda non sabemos como van poder realizarse cuestións como as actividades extraescolares ou como se van organizar os comedores escolares para este curso”, denunciou Rivas.

O edil lembrou que o ano pasado a Xunta xa cambiara os protocolos a unha semana de comezar o curso e que “un ano despois seguimos vendo como o goberno da Xunta segue improvisando”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...