InicioSucesosA Policía Local intervén nunha concentración de coches no polígono das Gándaras

A Policía Local intervén nunha concentración de coches no polígono das Gándaras

Houbo seis denuncias por condución temeraria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interveu na noite do pasado venres, día 20, nunha concentración de coches no polígono industrial das Gándaras, segundo informa o consistorio.

Os axentes estableceron un dispositivo de vixilancia, composto por vehículos camuflados e rotulados no citado polígono e nas súas proximidades xa que, a través de distintas redes sociais, tívose coñecemento da convocatoria da mesma.

Durante o dispositivo, os axentes de Policía de Barrio puideron detectar a comisión de numerosas infraccións, entre elas seis conducións temerarias, por conducir os vehículos a unha velocidade notoriamente elevada en vía urbana, facéndoo en paralelo, mesmo na zona de glorietas, establecendo competicións de velocidade.

Tamén se denunciaron dúas conducións neglixentes, unha condución en sentido contrario ao estipulado, dous vehículos circulando sendo sometidos a reformas de importancia sen legalizar, un automóbil que non fora sometido á inspección técnica periódica no prazo debido, outro vehículo que circulaba sen o número regulamentario de espellos retrovisores, un máis que circulaba excedendo en máis dun 50% o número de prazas autorizadas e outro por circular coas placas de matrícula incumprindo as condicións regulamentariamente establecidas.

Durante a mesma noite tamén se sorprendeu a unha condutora que, unha vez sometida ás probas de alcoholemia, deu un resultado positivo de 0.72 e 0.67 miligramos/litro, motivo polo cal se instrúen dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...