InicioLugo e contornaLugoCandia ratifica as súas metas cando revalide o liderado no PP de...

Candia ratifica as súas metas cando revalide o liderado no PP de Lugo: recuperar a Deputación e gobernar a cidade

Acusa de "sectarismo" á deputación de Lugo, pois di que se envorca en beneficiar a aqueles municipios da súa mesma cor política.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta provincial do PP lucense, Elena Candia, volveu a insistir este venres en que se marca como obxectivo “recuperar” os gobernos da Deputación e do concello de Lugo nas próximas eleccións municipais. Unhas declaracións que realizou tras ser proclamada a única candidata a presidir o PP de Lugo no congreso provincial que se celebrará o 19 de setembro, e que lle permitirá revalidar o seu liderado.

A que presidise tamén a Deputación de Lugo durante tres meses, en 2015, apelou a que “son moitos anos de socialismo na provincia e no goberno local e realmente as cousas non van a mellor”.

Creo que se está castigando, dunha forma inexplicable, o centro histórico de Lugo e ao pequeno comercio. A xente está desilusionada, está enfadada. Vas pola rúa e cóntancho, decisións que non entenden os veciños e que afectan á actividade económica”, afeou, neste caso, ao goberno local. Tras moitos anos, esgrimiu, que “despois deste tempo pódese facer balance e obxectivamente este proxecto político, o PP de Lugo, merece gobernar”.

Da Deputación presidida polo socialista José Tomé, asegurou que nesta institución “vívese de rendas, non hai ningún proxecto novo que se presentou”. Ademais, acusa de “sectarismo” á deputación de Lugo, da que di que se envorca en beneficiar a aqueles municipios da súa mesma cor política, deixando ao carón os gobernados polo PP.

Elena Candia concluíu que “vén unha nova etapa onde fomos capaces de construír un equipo máis grande, un equipo mellor que combina mocidade e experiencia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...