InicioSucesosO condutor dunha moto obtén positivo no test de alcol e drogas...

O condutor dunha moto obtén positivo no test de alcol e drogas tras sufrir un accidente en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dunha moto obtivo positivo no test de alcol e drogas despois de sufrir un accidente ao caerse dun ciclomotor na cidade de Lugo. Segundo informou a Policía Local, o pasado 17 de xullo produciuse un accidente de circulación no que o condutor dun ciclomotor perdeu o equilibrio e caeu ao chan na confluencia da rúa Vilalba coa Praza de Xaquín Lorenzo ‘Xocas’.

Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo acudiu ao lugar e comprobou que o condutor sufrira feridas, polo que se requiriu a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Os axentes, detectaron “signos de embriaguez”, destacan as mesmas fontes, solicitaron orde xudicial para a realización dunha análise de sangue co fin de comprobar a presenza no organismo de sustancias estupefacientes e alcol, que foron autorizados pola autoridade xudicial.

O resultado emitido polo laboratorio, apuntan as mesmas fontes municipais, conclúe que o individuo conducía cunha taxa de alcol en sangue de 1,32 gramos e obtivo positivo en cocaína e cannabis. Por iso instruíronse dilixencias para o xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...