InicioLugo e contornaLugoO movemento social Coidemos Lugo vai cumprir un ano e non para...

O movemento social Coidemos Lugo vai cumprir un ano e non para de medrar

Case 4000 seguidores e máis de 90 voluntarios é o balance dos primeiros 12 meses de existencia do movemento social Coidemos Lugo. Unha iniciativa "que procura xerar un sentimento de amor e respecto polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos" como eles mesmos definen

PUBLICADA O

- Advertisement -

No mes de agosto do ano 2020 naceu Coidemos Lugo, ese grupo de namorados da natureza e do patrimonio que sempre locen camisolas verdes, e que tan presentes están nas redes sociais da cidade.

Moitos lucenses, pero tamén ferroláns, vilalbeses, indios, arxentinos, castroverdenses, colombianos, brasileiros, moldavas, venezolanos, e tantas outras procedencias máis… unidos por unha mesma causa: querer concienciar e propagar o amor pola cidade, pola natureza, polo patrimonio, polos espazos públicos e pola terra en sí.

Charlas en colexios e institutos, colaboración con campamentos de verán, asociacións ecoloxistas, institucións e todo tipo de colectivos… a parte da organización de case 10 accións de limpeza e concienciación, son o balance dos primeiros 12 meses de historia deste formidable movemento social.

O vindeiro sábado 31 de xullo cítanse no barrio da Piringalla para a súa vindeira acción, e en agosto Coidemos Lugo festexará un primeiro e marabilloso ano de historia.

Unha das últimas accións de limpeza e concienciación de Coidemos Lugo (Foto: Coidemos Lugo)
Unha das últimas accións de limpeza e concienciación de Coidemos Lugo (Foto: Coidemos Lugo)
+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...