InicioA UlloaSobe a presión hospitalaria na área sanitaria de Lugo, con 3 hospitalizados...

Sobe a presión hospitalaria na área sanitaria de Lugo, con 3 hospitalizados máis

A área sanitaria suma 184 novos contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia volveu repuntar –tras descender lixeiramente na xornada pasada–, con 21 ingresados máis. Mentres tanto, os casos activos seguen o seu aumento exponencial e superan xa os 16.000 –concretamente, 16.754–, pese ao descenso nos os contagios por coronavirus notificados no último día, 1.370.

No que respecta á situación dos hospitais, segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do sábado, recollidos por Europa Press, os pacientes de covid-19 que requiren ingreso aumentaron ata os 227 en total (+21). De todos eles, 205 atópanse en planta (+22), mentres que os enfermos en unidades de coidados intensivos descenden ata os 22 (-1).

Por áreas sanitarias, esta evolución negativa prodúcese en cinco das seis. A que máis aumenta é a área da Coruña-Cee, que contabiliza 53 hospitalizados (+9), con 44 pacientes en planta e 9 en UCI (sen cambios). Séguea Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, onde os ingresados aumentan en seis persoas e alcanzan os 47 pacientes, dos que dous están en unidades de críticios (+1).

Tamén soben os pacientes que requiren ingreso nas áreas de Santiago, onde se alcanzan os 19 hospitalizados (+4), aínda que os pacientes en UCI non variaron (2); e na de Lugo-A Mariña-Monforte, con 3 hospitalizados máis que este sábado, 21 en total, aínda que aquí xa non se atopan pacientes en críticos (-1).

A área de Vigo sofre tamén un lixeiro aumento, e alcanza os 35 pacientes hospitalizados (+2), mentres que os ingresados en unidades de coidados intensivos, catro, mantéñense sen cambios. Pontevedra-O Salnés conta, pola súa banda, cun paciente máis ingresado e alcanza así os 38 pacientes, dos que catro se manteñen en coidados intensivos -igual que este sábado–.

A única área que baixa é a de Ferrol, que rexistra 13 hospitalizados (-1), aínda que si soben os pacientes en críticos, dúas persoas (+1).

MÁIS DE 16.000 CASOS

Galicia supera xa o mes con aumentos consecutivos de casos activos, que ascenden a 16.754. Son 762 máis que os notificados por Sanidade este sábado, ao haber máis novos diagnósticos que altas no último día.

O ascenso sostido dos pacientes de covid nas últimas semanas é palpable se se compara coa cifra coa de sete días atrás. En concreto, o pasado domingo Sanidade notificaba 10.363 casos activos na Comunidade.

Por áreas sanitarias, este parámetro aumentou nas últimas 24 horas en todas as áreas. A que contabiliza un maior incremento é a área de Vigo, con 3.915 casos activos (+181); seguida de preto pola Coruña-Cee, con 2.986 casos (+177); a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 1.761 (+144); Santiago, con 2.100 (+110); Pontevedra-O Salnés, con 2.873 infeccións activas (+88); Ferrol, con 758 (+33), e por último, a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 2.361 casos (+29).

NOVOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de covid-19 detectados por todo tipo de probas nun só día situáronse en 1.370, unha cifra que queda por baixo da barreira dos 1.400 e que implica un importante descenso con respecto aos 1.539 casos notificados o venres por Sanidade, marca da quinta onda. Con todo, este dato acumula xa cinco días consecutivos por encima do milleiro tras arrincar a semana con 975.

Dos 1.370 positivos detectados por calquera tipo de test, a área de Vigo sumou 359 novas infeccións, seguida da Coruña-Cee con 279.

Tras estas, sitúanse a de Santiago, con 187 casos; e as de Lugo-A Mariña-Monforte e Pontevedra-O Salnés, empatadas con 184. Por detrás, a área de Ourense-Verín-O Barco, con 122; e a de Ferrol, con 55.

Así, os contaxiados de covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 149.792 en Galicia, deles 34.703 na área da Coruña; 30.193, na de Vigo; 22.762, na de Santiago; 19.029, na de Ourense; 18.135, na de Pontevedra; 15.326, na de Lugo; e 9.644 na de Ferrol.

PCR E POSITIVIDAE

Galicia efectuou desde o inicio desta pandemia 2.513.901 PCR. Disto dedúcese que o Sergas realizou 8.744 probas nas últimas 24 horas.

En canto á taxa de positividad das PCR, volveu a ascender nas última horas ata o 13,36%, tras rexistrar este sábado un 11,8%. No entanto, isto implica que a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata hai dúas semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

FALECIDOS E CURADOS

Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con covid-19 en Galicia desde o inicio da pandemia ascenden a 2.448 ao notificar Sanidade unha nova vítima este sábado.

Así mesmo, 130.615 pacientes curáronse deste coronavirus no conxunto de Galicia desde o comezo desta crise sanitaria, 607 persoas máis que as rexistradas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...