InicioLugo e contornaLugoBricomart inicia o proceso de selección de 100 persoas para o seu...

Bricomart inicia o proceso de selección de 100 persoas para o seu novo almacén en Lugo

Os traballadores incorporaránse no mes de decembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

No primeiro trimestre do 2022 Bricomart abrirá en Lugo un novo centro. Esta é a segunda apertura deste almacén en Galicia, logo de instalarse en Santiago de Compostela no 2015. O proceso para cubrir as vacantes estará xestionado por Adecco “seleccionando a profesionais do sector da construción e a reforma que queiran formar parte dun proxecto sólido e a longo prazo, nunha compañía onde poder crecer”, indican desde Bricomart.

As persoas seleccionadas para o Equipo de Lugo serán responsables de xerar unha boa experiencia de compra para os clientes, asegurando, desta forma, un bo asesoramento e unha xestión eficaz do stock.

Os novos traballadores incorporaranse no mes de decembro. Para acceder ás ofertas, os candidatos deberán contar con experiencia en venda ou con coñecemento de produto no sector da reforma e da construción.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...