InicioLugo e contornaLugoLugo contará cun novo Skatepark para impulsar os deportes urbanos

Lugo contará cun novo Skatepark para impulsar os deportes urbanos

A apertura da nova zona, na que a área de Deportes investiu 215.000 euros, foi a ritmo de baile e de música experimental, jazz, funk, punk rock e hip hop.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo amplía as súas instalacións deportivas coa apertura dun skatepark que permitirá a práctica dos deportes urbanos de acción. Estará ubicado entre a rúa Veiga Grande e a avenida Fabio Paulo Máximo, ao carón entre outras dependencias deportivas municipais.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, procedeu a apertura desta área, que integra diversos elementos que permitirán o seu uso tanto para debutantes como para usuarios avanzados. “Pensamos especialmente na mocidade, aínda que sabemos que estes deportes non teñen idade, porque non só é unha forma de manterse en forma, senón unha boa maneira de canalizar as enerxías de xeito saudable”, dixo nun comunicado de prensa.

“O noso obxectivo foi dinamizar este espazo público para usuarios de deportes urbanos como o skateboard, o roller ou o BMX, dotando á cidade dunha instalación de primeira orde para a súa práctica divertida, pero tamén segura e responsable”, sostivo Lara Méndez.

1.580m2 DE INSTALACIÓNS

A área conta cunha superficie de 1.580 m2, unha pista de 887 m2, que servirá para a práctica das dúas modalidades principais do skateboarding: street e park, mantendo unha proporción e relación entre as dúas zonas que da moita flexibilidade á instalación.

A dotación inclúe a bañeira, que ocupa aproximadamente 200 m2 dentro do coping, no centro da instalación. Os elementos do skatepark que a rodean inclúen unha semi pirámide, un quarter, apto para multitude de trucos de todos os niveis; unha esquina elevada de Street, coroada por un mini bank e que cae cara á plataforma principal por un plano inclinado suave cun hubba e un rail, aptos para patinar en todas as posicións.

Para animar a apertura, a área de Deportes programou unha sesión de baile da Escola de Danza Gravity e de música, amenizada por Salvador Ruído e os seus conectores, tres Dj locais. As piruetas nas novas instalacións fixéronse así ao son de música experimental así como de jazz, funk, punk rock e hip hop.

ÚLTIMAS

Investigan unha concentración ilegal de 200 vehículos e unhas 400 persoas en Outeiro de Rei

A Garda Civil investiga a catro persoas vinculadas cunha multitudinaria concentración ilegal de vehículos...

Catro investigados por unha concentración ilegal con 200 vehículos e unhas 400 persoas reunidas en Lugo

A Garda Civil investiga a catro persoas vinculadas cunha multitudinaria concentración ilegal de vehículos que tivo lugar en...

O Gran Premio de España de Motocrós traerá a Lugo aos mellores pilotos do mundo por segundo ano consecutivo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves na presentación do...

O TSXG confirma 10 anos de cárcere a un home que violou a unha moza de 14 anos en Lugo, pero triplica a indemnización

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda...