InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo pide "concreción" á Xunta sobre o control dos...

O Concello de Lugo pide “concreción” á Xunta sobre o control dos botellóns

Pide "un reforzo de efectivos" e "apoio da Policía Autonómica".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do goberno local de Lugo, Miguel Fernández, reclama á Xunta “un pouco máis de concreción” sobre as directrices establecidas para conter os botellóns, entre elas o peche de determinados espazos públicos.

Non podemos falar de pechar os parques coma se só a determinación por si mesma xa garantise algún resultado. Porque nin todos os recintos son iguais, nin tampouco moitas veces pola súa dimensión ou características resulta posible, nin tampouco sempre son os parques os lugares escollidos para facelo. É coma se nos pedisen porlle cancelas ao aire”, explica Fernández

Segundo o portavoz do goberno de Lara Méndez, un precinto nunha entrada “non impedirá á mocidade nin acceder ao seu interior nin cambiar de localización” para o botellón.

Neste contexto, o tamén concelleiro de Medio Rural e Deportes solicita “un reforzo de efectivos” e “apoio da Policía Autonómica”, dado que nos últimos meses a Local tivo que “intensificar as tarefas de vixilancia” respecto diso.

Ademais, o edil recoñece que os mozos “teñen que socializar“. Precisamente por iso, reivindica que o Concello está “a traballar para ofrecerlles unha programación de lecer e cultural que sexa alternativa e atractiva para que rexeiten o botellón e fagan outro tipo de actividades”.

Non en balde, Fernández lembra a importancia de “conciencialos desde a escola” e “desde casa” para que “socialicen doutra maneira” e así “non dar pasos atrás na loita contra a pandemia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...