InicioLugo e contornaLugoAno 0 para a transformación da Ronda da Muralla

Ano 0 para a transformación da Ronda da Muralla

Comeza a transformación da Ronda da Muralla entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba. Rubén Arroxo visitou este martes o inicio dos traballos, cando se levou a cabo o corte de tráfico

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comeza a transformación da rolda da Muralla. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, xunto co Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, Felipe Rivas, concelleiro de Educación,  realizaron un percorrido na rúa Santiago e a rúa Vilalba, onde se realizou este martes o corte de tráfico que dá comezo á transformación deste treito da rúa, onde se construirá unha nova beirarrúa que permitirá gañar espazo peonil. Rubén “Aproveitamos para realizar a obra nas semanas con menos tráfico do ano, tratando de reducir ao máximo as molestias ocasionadas á veciñanza”, indicou.

No 2020 habilitouse un paso peonil provisional nunha zona a carón da muralla que case non tiña beirarrúa, e na que os vehículos pasaban pegados ao monumento, e este ano damos un paso máis no proxecto global de humanización da Muralla que levamos aplicando desde a nosa chegada ao goberno“, declarou Arroxo.

O  proxecto que se levará adiante “permitirá transformar o entorno da Ronda da Muralla, non só aumentando o espazo peonil, senón renovando a zona da Porta de Santiago dando unha mellor estética ao punto da cidade no que se xuntan os tres Patrimonios da Humanidade cos que contamos”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “isto permitirá ampliar a actuación no futuro, cando se avance na peonalización total da Ronda da Muralla”.

O alumeado deste treito tamén se renovará, instalándose 9 novas luminarias LED tipo RGB, que permitirán unha iluminación ás distintas horas e á luminosidade do día. En canto á circulación do tráfico, Rubén Arroxo avanzou que “os vehículos  contarán con maior fluidez, ao modificarse o cruce da Ronda da Muralla coa rúa Santiago”. Con esta actuación, o cruce pasará de ter un semáforo de 3 tempos a ter preferencia o tráfico que circule pola ronda, tendo un Ceda o Paso os vehículos que se acheguen pola rúa Santiago.

Mentres se executen os traballos, o tráfico desviarase polas rúas Cidade de Viveiro e Pascula Veiga que cambiarán o seu sentido de circulación, onde se eliminaron de xeito provisional unha serie de prazas de aparcamento para facilitar a circulación e a maniobrabilidade do bus urbano. A rúa Vilalba será bidireccional mentres se executen os traballos para permitir o  acceso aos garaxes.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...