InicioLugo e contornaLugoDetectado un novo gromo de coronavirus nun equipo de tríatlon de Lugo

Detectado un novo gromo de coronavirus nun equipo de tríatlon de Lugo

De momento, foron confirmados cinco casos positivos, aínda que non se descarta a aparición de novos infectados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas confirmou a aparición dun novo brote de coronavirus no municipio de Lugo, neste caso vinculado ao equipo de tríatlon do Club Fluvial.

En declaracións a Efe, o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, informou de que, de momento, foron confirmados cinco casos positivos, aínda que non se descarta a aparición de novos infectados nas próximas horas.

Para cortar canto antes as cadeas de transmisión, o Sergas iniciou o protocolo para identificar a posibles positivos asintomáticos. “Vaise a cribar a toda a xente que practica esta actividade”, explicou Ares, porque puido estar en contacto nalgún momento coas persoas que deron positivo.

“Poida que haxa algún caso máis asintomático”, precisou, polo que se realizarán as correspondentes probas PCR para acoutar canto antes este brote que, neste momento, “está estabilizado”.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...