InicioLugo e contornaLugoPSdeG, BNG e PP de Lugo únense na defensa da "non discriminación"...

PSdeG, BNG e PP de Lugo únense na defensa da “non discriminación” no Día do Orgullo

A Corporación provincial aprobou unha Declaración Institucional con motivo do Día do Orgullo LGTBIQA+.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pleno ordinario celebrado este martes 29 de xuño aprobou unha Declaración Institucional con motivo do Día do Orgullo LGTBIQA+. O documento foi acordado polos tres grupos políticos da Corporación – PdeG, BNG e PP- e nel amosan a súa defensa da “non discriminación, con independencia da raza, sexo, relixión, opinión ou calqwuera outra condición ou circunstancia persoal ou social”.

Con esta declaración, a Deputación de Lugo recorda a importancia de loitar polo recoñecemento e protección das persoas LGTBIQA+, tendo en conta que “a discriminación, o discurso de odio e os cries contra o colectivo medran en todos os países da Unión Europea”.

Ademais, con motivo da celebración do día do Orgullo, a Deputación de Lugo quere “anovar o seu compromiso na defensa deses dereitos” e descata o papel das entidades locais na defensa da igualdade e a convivencia.

“O racismo, a xenofobia, a transfobia e outras formas de intolerancia non poden ter cabida na nosa democracia, e cómpre loitar contra elas”, conclúe o docuemnto. Con este manifesto, a Deputación de Lugo condena calquera discriminación contra o colectivo LGTBIQA+ e recalca o seu compromiso coa igualdade. 

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...