InicioLugo e contornaLugoO bus urbano terá novo modelo de liñas tras a aprobación no...

O bus urbano terá novo modelo de liñas tras a aprobación no pleno municipal

O trasbordo de bus urbano será gratuíto na vindeira revisión de prezos.

PUBLICADA O

O modelo de liñas de bus urbano aprobouse no pleno muncipal deste xoves 24 coa unaminidade dos catro grupos da concentración. O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, destacou no pleno municipal desta mañá o traballo realizado pola mesa de transporte público na elaboración das novas liñas de transporte urbano.  Arroxo explicou que “das propostas debatidas na mesa só houbo unha que tivo que ser rexeitada por criterios técnicos”.
O Tenente Alcalde anunciou que na vindeira revisión de prezos se contará con transbordo gratuíto. Rubén Arroxo amosouse disposto a convocar novamente a mesa de transporte público para revisar a implantación das novas liñas. O Grupo do goberno presentou unha emenda á proposición para facilitar o acordo da corporación, que foi rexeitada polo Partido Popular.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...