InicioLugo e contornaLugoDetidos tres mozos tras mallar noutro de 17 anos cunha botella na...

Detidos tres mozos tras mallar noutro de 17 anos cunha botella na cabeza

Precisou 17 grapas na cabeza.

PUBLICADA O

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron aos tres mozos, todos de vinte anos de idade, que participaron nunha violenta pelexa que se produciu o pasado fin de semana na Rúa Nova, no centro histórico da cidade de Lugo, e que acabou cun rapaz ferido de gravidade, tras ser agredido canto estaba no chan.
Segundo informou a Comisaría Provincial de Lugo, un enfrontamento entre dous grupos de mozos acabou cunha violenta agresión a un deles, que tivo que ser atendido polos servizos de emerxencias e recibir 17 grapas de sutura por mor dunha ferida, ao que ademais lle roubaron algunha das súas pertenzas.
A pelexa comezou por mor dunha discusión entre dous grupos de mozos que estaban a celebrar a gradación, no momento no que un deles losqueou a outro. O ferido de maior gravidade tratou de porse no medio de ambos para evitar que a situación fose a máis, pero nese momento apareceu un dos detidos, quen golpeou ao outro rapaz cunha botella que levaba na man en varias ocasións.
A vítima tivo que ser trasladado de urxencia ao HULA para recibir atención médica. Unha vez presentada a correspondente denuncia, e despois de que as testemuñas prestasen declaración, dous mozos foron detidos por lesións leves e o que agrediu á vítima cunha botella por lesións de gravidade. Todos quedaron en liberdade, á espera de xuízo.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...