InicioLugo e contornaLugoComo facer do Campus de Lugo un espazo "amable e de convivencia"

Como facer do Campus de Lugo un espazo “amable e de convivencia”

O estudantado participante, investigadores da EPS de Enxeñaría desenvolveron un levantamento topográfico en 3D do que poderán facer uso todos os integrantes dos diferentes equipos de traballo que se conformen.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Estudantes dos graos en Paisaxe e de enxeñaría Agrícola e Forestais na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC e na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC achegan ideas e traballan na elaboración de propostas orientadas a poñer en valor a Valgada do Campus de Lugo, a fin de potenciar a amabilidade desta contorna natural e convertela nun “espazo amable, de dinamización cultural e de convivencia” tanto para a comunidade universitaria como para o resto da sociedade, tal e como se puxo de manifesto este luns na inauguración do obradoiro promovido xunto coa Deputación Provincial de Lugo para a revitalización desta área verde.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; a deputada provincial Pilar García Porto, e as profesoras e coordinadoras do título de grao en Paisaxe na USC, Isabel Iglesias, e na UDC, Cristina García Fontán, aproveitaron a apertura deste programa de traballo, que xa contabiliza 16 inscritos dun máximo de 24 posibles, para salientar a “inmellorable oportunidade” que representa esta iniciativa para a formación práctica do alumnado e tamén para a revitalización de espazos públicos .

A primeira xornada do obradoiro ‘Valgada do Campus de Lugo’, no que participaran como docentes profesores e investigadores ligados ao grao en Paisaxe, ademais doutros especialistas universitarios, céntrase nunha aproximación ao terreo sobre o que se van desenvolver as actuacións propostas. Para achegar información ao estudantado participante, investigadores da EPS de Enxeñaría desenvolveron un levantamento topográfico en 3D do que poderán facer uso todos os integrantes dos diferentes equipos de traballo que se conformen.

INTERVENCIÓN NO ANFITEATRO

A interdisciplinariedade dos equipos é outro dos aspectos que salientou a profesora Isabel Iglesias, que considera que a suma de diversos puntos de vista (dimensión paisaxística, agrícola, arquitectura ou forestal) redundará en propostas máis integradoras. As posibles intervencións no anfiteatro, cuxo actual estado precisa de melloras, a elaboración dos proxectos de intervención completan o programa dun obradoiro que chegará ao seu colofón o venres coa presentación das propostas e coa entrega de premios, dúas gratificacións de 600 e 200 euros, respectivamente, aos autores dos traballos máis valorados polo xurado.

Convencida do éxito do obradoiro ‘Valgada do Campus’, a deputada provincial Pilar García Porto, sinalou destacou que esta nova acción demostra a boa colaboración institucional que manteñen desde sempre a Deputación de Lugo e a USC, unha sintonía que se traduce especialmente con actuacións que dan resposta aos intereses e ás necesidades transmitidas desde a sede universitaria luguesa.

ÚLTIMAS

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...

Excarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban

Un pai e o seu fillo, menor de idade, foron excarcerados en Palas de...

Detido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras dunha ONG

A Garda Civil detivo a un home, unha das persoas migrantes que acolle a localidade...

“Vas morrer hoxe”: xulgado por ameazar e agredir ao seu xefe

Un home acusado de varios delitos por atacar ao seu empregador cun coitelo e...