InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo declara nulo un concurso público tras un recurso...

O Concello de Lugo declara nulo un concurso público tras un recurso do Consello Consultivo

Foi tras un recurso da federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual Fademga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo declara a nulidade dunhas oposicións tras un recurso da federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual Fademga, segundo informa este colectivo.

En marzo de 2018, a federación interpuxo un recurso de reposición ao Consistorio ante o decreto de decembro de 2017 polo que se convocaba un proceso selectivo por oposición para o acceso a unha praza de axudante de cociña limpeza reservada a persoas con discapacidade intelectual.

Alegaba como causa de impugnación das bases específicas, segundo apunta, a vulneración da reserva legal establecida para este colectivo nas disposicións legais reguladoras do acceso ao emprego público das persoas con discapacidade.

Expuña, en concreto, que este tipo de procesos reservados en exclusiva a persoas con discapacidade intelectual non poden permitir que persoas que non acrediten dita condición poidan participar. Pese ao recurso, o proceso selectivo continuou e celebrou todas as súas fases ata a proposta como persoal funcionario do Concello de Lugo dun dos participantes.

Agora, despois de que o Consello Consultivo de Galicia emitise un ditame favorable á revisión de oficio das bases específicas do proceso selectivo, a xunta de goberno local do Consistorio acordou estimar o recurso de Fademga e declarar a nulidade de pleno dereito do proceso.

Fademga destaca que esta resolución pon fin á vía administrativa, pero é susceptible de recurso contencioso na xurisdición contencioso administrativa. Despois disto, o colectivo espera que o Concello publique unha nova convocatoria reservada a persoas con discapacidade intelectual, “nesta ocasión cumprindo os requisitos legais”.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación inicia a súa axenda institucional en Cabo Verde

A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, iniciou en...

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

O alcalde espera que o cambio na reitoría da USC signifique “maior independencia” do campus lucense

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, felicitou a Rosa Crujeiras pola súa vitoria nas...

Os clubes deportivos da provincia poden solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -12 de marzo – a convocatoria de...