InicioCulturaO Museo Interactivo da Historia acolle unha proposta de danza sobre o...

O Museo Interactivo da Historia acolle unha proposta de danza sobre o “eloxio dos coidados”

"Primeiro a vida" é unha peza da compañía galega Kirenia Danza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Museo Interactivo da Historia de Lugo acollerá os días 12 e 13 de xuño ás 20,00 horas unha nova proposta de danza “de calidade”, dentro do ciclo “Lugo en Danza”, promovido pola Concellaría de Cultura da cidade.

O Concello informou que a proposta en cuestión é “unha nova peza de artes do movemento” da compañía Kirenia Danza, titulada ‘Primeiro a vida’ e interpretada por los actores Esther Latorre y Xoel Álvarez.

As sesións terán lugar na Caixa Negra do MIHL, ás que os interesados poderán acudir de forma gratuíta reservando as súas entradas a través da Oficina de Turismo de Lugo.

Ademais, a concelleira de Cultura da cidade, Maite Ferreiro, explicou que o goberno local “segue programando actividades para encher os distintos espazos da cidade con propostas culturais de calidade e recoñecidas”.

PRIMEIRO A VIDA

A peza é “un eloxio dos coidados no que os corpos danzan unha antiga reivindicación”. O título desta fai referencia ao celebre verso do escritor e poeta surrealista André Bretón, “plutôt a vie”, lema do ‘Maio do 68 francés’, e que se pode traducir como ‘primeiro a vida’, ‘antes a vida’ ou ‘elixir a vida’.

Desde a compañía de danza detallaron que, “fronte á explotación, á precariedade e á morte que trouxo a pandemia, elíxese coidarse e proclamar: ‘Primeiro a Vida!'”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...