InicioLugo e contornaLugoA delegación da Xunta en Lugo, o principal foco da Covid na...

A delegación da Xunta en Lugo, o principal foco da Covid na provincia

Xa son 14 os positivos confirmados mediante PCR.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas continúa co cribado ás seiscentas persoas que traballan no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, despois de que fora detectado nos últimos días un foco de Covid-19 e, neste momento, xa son catorce os positivos confirmados mediante probas PCR ou test de antíxenos.

O oito positivos detectados inicialmente despois da confirmación dun primeiro contaxio son sete traballadores do departamento de Política Social e un máis da Amtega.

Posteriormente, algúns traballadores fixéronse probas PCR con mostra de saliva ou ben probas de antíxenos en oficinas de farmacia, o que permitiu detectar outros tres positivos máis, once en total na mesma zona do edificio.

De feito, inicialmente, tomouse a decisión por parte da Xunta de Galicia de limitar o cribado á planta baixa do edificio, onde foron detectados eses positivos, pero finalmente, por prevención, optouse por realizarlles probas diagnósticas a todos os traballadores do edificio.

CRIBADO

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, confirmou a EFE que o cribado comezou polos “contactos estreitos” das oito primeiras persoas diagnosticadas, concretamente polos traballadores que se moven pola mesma zona do multiusos.

En canto ao cribado masivo que comezou onte, o resultado das primeiras 130 PCR, realizadas tamén a traballadores da mesma planta, saldouse con outros tres positivos, de modo que neste momento hai 14 casos activos confirmados.

O cribado continúa e esta tarde foron citados para ser sometidos a unha PCR uns douscentos traballadores máis da sede da Xunta de Galicia en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...