InicioLugo e contornaLugoParalizan as obras da urbanización das Saamasas por carecer de permiso ambiental

Paralizan as obras da urbanización das Saamasas por carecer de permiso ambiental

"Ecoloxistas en acción" celebra a decisión do Concello de Lugo e pide á Confederación Hidrográfica que faga unha avaliación exahustiva das consecuencias medioambientais desta construción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A organización ecoloxista alertara hai máis dun mes de que as obras se estaban a realizar sen a preceptiva avaliación das súas repercusións ao río Miño e solicitara á Confederación Hidrográfica e ao Concello de Lugo que adoptaran as medidas oportunas para decretar a paralización inmediata das obras que se están a realizar mentres non dispoñan do Informe de Avaliación das repercusións sobre a Rede Natura e á Reserva da Biosfera.

Denuncian que son unha obras innecesarias para unha cidade na que case 1 de cada 4 vivendas está valeira. As obras carecen dos pertinentes permisos de Patrimonio e do organismo da cunca cando ademais dentro da parcela hai zonas catalogadas como inundabéis e un par de regatos que foron desviados do seu cauce pola constructora  segundo veciñanza da zona.

“Ecoloxistas en Acción” sinala que aínda que o proxecto da obra estivera aprobado non deberon iniciarse as obras sen cumprir co esixido na normativa ambiental. Esta urbanización, unha vez paralizada cautelarmente, só se debería continuar despois de que as autoridades competentes se aseguren de que non causará prexuízo á integridade do lugar e tras someter o proxecto e a súa avaliación ambiental a información pública.

Por iso, a organización ecoloxistas solicitou á Confederación Hidrográfica que faga unha avaliación exahustiva das consecuencias medioambientais desta construción ás beiras do río Miño e ao Concello de Lugo que manteña a paralización cautelar até que se cumpra a normativa ambiental.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través de SMS en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a unha muller para a...

Identificado un grupo de motoristas por circular a gran velocidade por Lugo, un deles a 160 km/h nunha zona de 70

A Garda Civil de Lugo identificou a varios motoristas que circulaban superando "amplamente" os límites de...

A Fundación Reina Sofía realizará unha restauración forestal na Serra do Courel, afectada polos incendios de 2022

A Fundación Reina Sofía anunciou que realizará, en colaboración coa Xunta e a dirección...

O acusado de matar a Cristina Cabo: “Empatizo coa familia”

"Pido perdón polo que fixen, á súa familia e a todas as mulleres". Con...