InicioLugo e contornaLugoArroxo acusa ao PP de querer polémicas co novo modelo de bus...

Arroxo acusa ao PP de querer polémicas co novo modelo de bus tras apoialo na Mesa de Transporte Público

“O PP pide aumentar as paradas, pero terá que explicar na Mesa de Transporte a que zona se lle quere retirar”, afirmou Rubén Arroxo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade de Lugo, Rubén Arroxo, acusou ao PP de tentar polemizar co modelo de transporte público, tras as críticas deste partido e lembrou que os populares apoiaron este modelo de transporte na Mesa de Transporte Público xunto co resto de grupos da corporación.

O proxecto está composto por 6 grandes liñas que conectan o eixo Norte-Sur da cidade,  a zona onde se atopa a maior parte da veciñanza de Lugo, e que terá unha frecuencia de 10 minutos. Os distintos barrios melloran as frecuencias de conexión co centro da cidade, pasando da hora entre cada volta que hai actualmente a 30 minutos a partir do vindeiro día 2.

“O novo modelo optimiza ao máximo os quilómetros contemplados no contrato de transporte público co que contamos na actualidade”, dixo Arroxo nun comunicado no que sinalou que, para engadir un novo percorrido, habería que suprimir a conexión con outra zona da cidade.

“O PP pide aumentar as conexións nun punto da cidade, e terá que explicar na Mesa de Transporte a que zona se lle ten que retirar”, afirmou Rubén Arroxo, que lembrou que “as novas liñas conectarán con maiores frecuencias e mellores percorridos todas as zonas da cidade”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Carmela López mostra á reitora da USC o espazo de investigación na Granxa Gayoso

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino...