InicioEconomíaAs piscinas de Frigsa son sometidas a unha revisión total

As piscinas de Frigsa son sometidas a unha revisión total

O Concello de Lugo aproveita esta tarefa periódica para instalar novos sistemas de regulamento, revisar a estanquidade dos vasos e substituír elementos deteriorados

PUBLICADA O

- Advertisement -

Despois da detección de incidencias menores nas instalacións, o Concello de Lugo realiza unha revisión completa na máis vella das piscinas de Frigsa. O goberno local aproveita o peche previsto para este mes de agosto para acometer tarefas de mantemento e renovación nesta sección do complexo polideportivo.

Así o avanzou o voceiro municipal e concelleiro de Deportes, Miguel Fernández. Os traballos comezaron esta semana e afectan ao vaso de compensación da piscina antiga de Frigsa, que será baleirada e limpada en primeiro lugar.

A intervención comprende a instalación de novos sistemas de control para mellorar a eficiencia do circuíto e o funcionamento do vaso de compensación das piscinas.

Por outra banda, o perímetro someterase a unha revisión exhaustiva no vaso da piscina máis vella das instalacións de Frigsa para selar posibles fisuras, e repoñer as placas de cerámica que puideran estar danadas.

Asemade acometerase o acondicionamento da entrada e o pintado de diversas áreas. Estas e outras melloras de pequeno importe garanten en conxunto “a calidade dun servizo que usan a diario centos de persoas durante once meses ao ano”, resaltou o voceiro municipal.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...