InicioSociedadeFalece no HULA unha usuaria da residencia San Salvador (Guntín) que tiña...

Falece no HULA unha usuaria da residencia San Salvador (Guntín) que tiña coronavirus

Sanidade notificou nove mortes no día de hoxe en Galicia. A provincia xa alcanza as 118 vítimas mortais dende o inicio da pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 94 anos diagnosticada con coronavirus faleceu este martes 24 de novembro no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), segundo confirman fontes do Sergas. A finada, que tamén padecía patoloxías previas, era usuaria da residencia San Salvador, en Guntín.  

Con este falecemento, a provincia de Lugo xa alcanza as 118 vítimas mortais dende o inicio da pandemia.

En total, Sanidade notificou nove mortes no día de hoxe en Galicia: á parte da muller que finou no HULA, tamén morreron dous no CHUVI (unha procedente de residencia de maiores), tres no CHUAC (un deles só tiña 64 anos), un no CHUS, outro no CHUO e unha persoa no seu domicilio.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...