InicioEconomíaO Concello de Lugo aproba por unanimidade a Estratexia Lugo Transforma

O Concello de Lugo aproba por unanimidade a Estratexia Lugo Transforma

Destinaranse 12 millóns de euros á creación dun fondo de capital risco para apoiar empresas innovadoras. O PP avisa de que o controlará de preto para evitar "chiringuitos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A corporación de Lugo aprobou por unanimidade, nun pleno extraordinario celebrado este venres, destinar 12 millóns de euros dos remanentes municipais á estratexia Lugo Transforma. Trátase de crear un fondo de capital risco para apoiar proxectos empresariais que xeren “impacto” económico e social no municipio.

A Estratexia Lugo Tranforma articularase, segundo informou o goberno local de Lugo, a través da entrada temporal do Concello no capital de proxectos empresariais innovadores. Precisou que deberán ser proxectos de “alto valor engadido”, tanto de empresas medianas ou pequenas como de nova creación, pero sempre con “potencial de crecemento e con alta capacitación” en sectores que xeren un alto “impacto social e ambiental”.

“Falamos de enerxías limpas e sostibles, de bioeconomía circular, biotecnoloxía, farmacia, novas tecnoloxías, servizos avanzados á industria e I+D+i, entre outros. Quedan excluídos os sectores inmobiliario e financeiro”. Ademais, esta iniciativa estará aberta á “participación doutros investidores, tanto públicos como privados”.

CONTROL DA OPOSICIÓN PARA EVITAR “CHIRINGUITOS”

Pola súa banda, o portavoz do Partido Popular, Ramón Carballo, asegurou que o apoio do seu grupo a esta iniciativa non é “un cheque en branco” para o goberno local e asegurou que a oposición vixiará que se faga un bo uso dese diñeiro, para que non se destine a financiar “chiringuitos”. EFE

ÚLTIMAS

Carmela López visita ao persoal dos diferentes servizos da Deputación en

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, visitou este martes ao persoal dos...

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de...

A Deputación corta seis estradas provinciais mentres seguen as complicacións na montaña de Lugo

  A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de...

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche...