InicioSociedadeO Campus de Lugo, epicentro virtual do debate científico sobre química orgánica...

O Campus de Lugo, epicentro virtual do debate científico sobre química orgánica sintética

Investigadores de todo o mundo analizarán en rede desde este domingo 229 achegas científicas sobre esta materia nun foro coordinado por un grupo de investigación da USC

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un congreso virtual promovido por un grupo de investigación do Campus Terra da USC debaterá un total de 229 traballos sobre a química orgánica sintética. Será na vixésima cuarta edición da Conferencia Electrónica de Química de Orgánica Sintética (ECSOC-24), que se celebrará desde este 15 de novembro ata o 15 de decembro.

O grupo de Novas Metodoloxías Sintéticas (SWT) foi o impulsor desta conferencia electrónica, pioneira entre as do seu xénero e que lle dará visibilidade ao liderado da USC na aplicación e no uso deste tivo de tecnoloxías.

Respecto da temática das comunicacións presentadas, o presidente do comité científico da ECSOC-24 destaca o incremento de traballos en todas as seccións, aínda que fai especial fincapé no capítulo de química computacional, no que se quintuplicou o número de comunicacións. Un feito que podería vir dado polas dificultades que depara a pandemia para desenvolver traballo experimental en laboratorio e que obriga a pasarse á quimica ‘in silico’ (traballo en ordenador ou por simulación computacional).

Unha vez finalizado o prazo de presentación de traballos e comunicacións científicas, as distintas sesións de debate e análise programadas no marco desta conferencia internacional desenvolveranse de xeito virtual desde o 15 de novembro ata o 15 de decembro de 2020 a través do espazo web do congreso. Durante estes 30 días, os químicos e investigadores de países de todo o mundo interesados na temática que aborda a ECSOC 24, teñen unha boa oportunidade para intercambiar e compartir traballos sobre macromoléculas, polímeros, líquidos iónicos, química computacional, síntese iónica por microondas…

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...