InicioSociedadeDenuncian que o Sergas non fixo PCR aos alumnos dun cole de...

Denuncian que o Sergas non fixo PCR aos alumnos dun cole de Lugo malia o positivo dunha docente

A Confederación de Anpas Galegas carga contra a "terrible xestión" da Xunta a raíz dun caso no CEIP Rosalía de Castro e outro no CEIP Vista Alegre (Burela). Achácalle tardanza e falta de probas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación de Anpas Galegas denunciou este mércores o “terrible descontrol” da xestión que fan as Consellería de Sanidade e de Educación sobre a crise do coronavirus. Centran a queixa en dous casos que se deron en colexios de Lugo e Burela, onde aseguran que non se fixeron probas ao alumnado nin ao persoal a pesar de detectarse positivos no centro. 

Pasou no CEIP Rosalía de Castro, en Lugo. Segundo relatan, unha docente deu positivo nunha aula pero o alumnado non recibiu probas nin sequera foi confinado. Caso similar sucedeu no CEIP Vista Alegre de Burela, denuncian.

“Como é posible que os os rastrexadores tarden máis dunha semana en poñerse en contacto co alumnado confinado para facer a PCR ou o seguimento? Ou o caso, aínda máis absurdo de chamar a alumnado non confinado (que deberan estalo) para dicirlles que podían saír do confinamento?”, pregúntanse dende a Confederación.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...