InicioSociedadeO dono do Eros acepta tres anos e medio de prisión, lonxe...

O dono do Eros acepta tres anos e medio de prisión, lonxe dos 26 que pedía a Fiscalía nun inicio

A defensa do acusado solicitou a suspensión da pena de cárcere, polo que M.G.A podería evitar volver á cadea.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía rebaixou de 26 anos de cárcere a 3 anos e medio de prisión a petición para o propietario do club de alterne Eros ao que acusa de fomentar a prostitución coactiva, atentar con dereitos dos traballadores, facilitar a inmigración ilegal e posuír armas de forma ilícita.

A petición da Fiscalía foi reducida tras unha acordo de conformidade coa defensa do único acusado, M. G.A., na vista oral do xuízo dunha das pezas da denominada Operación Carioca, cuxo inicio se celebrou este mércores. M.G.A, que xa estivo máis dun ano en prisión preventiva, recoñeceu os feitos.

De feito, o seu avogado, José López, solicitou a suspensión da condena aludindo a eses meses que xa estivo no cárcere o seu cliente. “Cremos que xa foi suficiente a pena sufrida durante a instrución da causa”, asegurou.

O compromiso alcanzado na audiencia de Lugo tivo tamén en conta a atenuante de dilacións indebidas -os feitos remóntanse ao período entre o 2006 e 2009- xa que o proceso xudicial estivo paralizado por “causas non imputables” a M. G.A., segundo o acordo.

O propietario do club de alterne terá que pagar tamén 4.000 euros de multa e indemnizar con 6.000 euros ás mulleres ás que obrigou a exercer a prostitución no seu establecemento.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...