InicioSucesosCachan conducindo por Lugo a un rapaz que nunca sacara o carné

Cachan conducindo por Lugo a un rapaz que nunca sacara o carné

O xove de 19 anos facía prácticas clandestinas canda o seu pai – A Policía Local instrúe dilixencias por un delito contra a seguridade viaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo cacharon ao volante dun coche a un rapaz de 19 anos que nunca sacara o carné de conducir. O xove circulaba canda o seu pai, que ocupaba o asento de copiloto. Por esta infracción, o corpo municipal intruíu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

Segundo relata GaliciaConfidencial, os funcionarios da orde pública decatáronse de que, na tarde deste martes, un turismo circulaba polo Paseo dos Estudantes de Lugo a un ritmo anormalmente lento. Asemade, o condutor amosaba dificultades para controlar o vehículo.

En consecuencia, os policías esixiron o alto e puideron constatar que o rapaz endexamais obtera o permiso de conducción. A continuación, o pai do condutor tivo que facerse cargo do coche.

A Policía Local instruíu dilixencias ao Xulgado de Garda baixo a modalidade de xuízo rápido, valorando a presunta autoría dun delito contra a seguridade viaria. O pai e maila titular do turismo son investigados en calidade de cooperadores necesarios para o mesmo delito.

+ posts

ÚLTIMAS

O Lugo Music Festival ’26 reúne en Lugo música e talento de diferentes estilos e países

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello á organización...

Incendio forestal na parroquia de Bóveda, preto da cidade de Lugo

Un helicóptero e dous avións participan desde esta tarde na extinción dun incendio forestal...

Lugo garante as ratios de atención no programa Aprende Xogando

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, comunicou a representantes de CC.OO. que o programa...

Nova edición do “Festival dos Eidos” os días 29 e 30 de agosto apoiado pola Vicepresidencia da Deputación

Este mediodía presentouse no Pazo de San Marcos o festival dos Eidos, promovido pola...