InicioSociedadeCharlas telemáticas para ensinar ós mozos a comer mellor

Charlas telemáticas para ensinar ós mozos a comer mellor

As "masterclass", organizadas polo Concello, serán impartidas de balde ao longo de case dous meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo contará cun ciclo de charlas telemáticas sobre nutrición de balde pensado para darlle ás persoas máis mozas unha “educación nutricional” que os axude a comer mellor. Así o vén de anunciar a área de Xuventude do Concello, dirixida por Ana G. Abelleira, rama organizadora da “masterclass”. O obxectivo da concellería é “ofrecer aos rapaces e rapazas educación nutricional e crear unha contorna saudable” xa que “que cada vez máis, as persoas mozas estanse desligando da dieta mediterránea e a inxesta de alimentos locais ou de tempada estase vendo diminuida en detracción a produtos ultraprocesados e a comida precociñada“.

Segundo apuntan dende o Concello as charlas serán desenvoltas mediante a producción de vídeos e a interacción coas persoas usuarias respondendo a todas as súas dúbidas e preguntas. “Nestes vídeos de masterclass aportanse recetas saudables para realizar na casa con ingredientes sinxelos e fáciles de atopar en calquera superficie de alimentación e daranse claves para realizar un menú saudable”, apuntan dende o Concello.

As masterclass, que estarán impartidas pola dietista-nutricionista Ángeles Novo, terán lugar todos os mércores, do 19 de agosto ata o 7 de outubro, ás 12:30 horas en agosto e en setembro e outubro ás 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo.

A calendarización é a seguinte:

Mércores 19/08: 12:30 horas: Masterclass Etiquetado Nutricional

Mércores 26/08: 12:30 horas: Masterclass Trucos para non caer nos antollos

Mércores 02/09: 20:00 horas: Masterclass Mitos nutricionais

Mércores 09/09: 20:00 horas: Masterclass Mellora o teu sistema inmune coa alimentación

Mércores 16/09: 20:00 horas: Almorzos saudables

Mércores 23/09: 20:00 horas: Ceas saudables

Mércores 30/09: 20:00 horas: Picoteos saudables

Mércores 07/10: 20:00 horas: Receitas doces

ÚLTIMAS

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...