InicioSociedadePropoñen outorgar as Medallas de Ouro aos servizos esenciais que loitan contra...

Propoñen outorgar as Medallas de Ouro aos servizos esenciais que loitan contra a COVID-19

É a máxima distinción que pode entregar o Concello de Lugo aos seus cidadáns. Neste caso, Lara Méndez quere agradecer o labor do sector sanitario, farmacéutico, transportista, persoal dos supermercados, agricultoras e gandeiras, etc.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, proporá ao resto de grupos municipais outorgar as Medallas de Ouro deste 2020 aos colectivos de profesionais que cobren os servizos esenciais durante esta pandemia: sector sanitario e farmacéutico, forzas e corpos de seguridade, sector agroalimentario, transportistas e demais traballadores esenciais.

“Estas Medallas son a máxima distinción que o Concello de Lugo pode entregar aos seus cidadáns. Por iso, queremos plasmar nesta homenaxe o aplauso colectivo que cada día facemos chegar a estes traballadores e traballadoras desde as nosas fiestras e balcóns para agradecerlles o seu labor, tarefas que, en moitos casos, chegan incluso a exceder a súa responsabilidade profesional”, sostivo a rexedora lucense. 

Lara Méndez lembra que o regulamento destas Medallas detalla que deben recaer  en “persoas que teñen atribuídos méritos verdadeiramente extraordinarios“, e “extraordinaria é a dedicación e o compromiso que os distintos colectivos amosaron e amosan para superar esta crise que tantas vidas deixou no camiño”.

O ACTO, PREVISTO PARA O 30 DE NOVEMBRO

A entrega destas Medallas de Ouro é o 30 de novembro, data na que se conmemora o aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. Este ano, ademais, celébrase o vixésimo aniversario de tal fito. “Se un brote da pandemia non o impide, organizaremos un acto que nos permita ao pobo lucense enxalzar o noso orgullo como comunidade unida e solidaria”, aseverou a alcaldesa, que incidiu en que “como sempre dicimos, o mellor patrimonio de Lugo somos a súa xente, e nesta crise sanitaria, social e económica estámolo a demostrar”.

 DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Por outra banda, o Concello xa avanzara hai uns días que se proporá a aprobación no vindeiro Pleno dunha declaración institucional en memoria das vítimas da pandemia.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...