InicioSociedadeLugo ofrece un servizo de recollida de lixo a domicilio para os...

Lugo ofrece un servizo de recollida de lixo a domicilio para os diagnosticados por coronavirus

As persoas afectadas poderán solicitar o servizo a través do 092.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo, a través da concellería de Medio Ambiente, activou un dispositivo especial de recollida de lixo a domicilio para os veciños e veciñas afectadas polo Covid-19.

Baixo este plan, calquera persoa do concello de Lugo que estea diagnosticada por coronavirus pode solicitar o servizo a través do teléfono da Policía Local, o 092. A persoa demandante deberá facilitar unha serie de datos e, na maior brevidade posible, recibirá indicacións para programar a recollida do lixo con total seguridade para o resto da comunidade de veciños.

Este plan municipal procura axudar na contención da pandemia, así como evitar o contaxio da veciñanza e dos traballadores dos servizos de recollida e de tratamento de residuos.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...