InicioSociedadeLugo reforza o Fogar do Transeúnte para atender as persoas sen teito...

Lugo reforza o Fogar do Transeúnte para atender as persoas sen teito durante a crise sanitaria

"Trátase de evitar así un posible contaxio, porque moitas delas son colectivos de risco", indican dende o Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Concellería de Benestar, Inclusión e Maiores do Concello de Lugo reforzará a asistencia que presta habitualmente a persoas “vulnerables” a través do Fogar do Transeúnte, para “poder atender a un maior número” de usuarios ante “a situación de crise sanitaria provocada polo coronavirus”.

O goberno local informou de que “o obxectivo” é que, a pesar das medidas de confinamento decretadas para frear a propagación do virus, “ningún dos usuarios habituais” ou de “novas” persoas que demanden este servizo “queden sen comer”. Para iso, estableceranse quendas de atención, co que se procurará que non haxa máis de “vinte persoas” xuntas en cada un deles.

Ademais, tamén se busca, con estas medidas, “reter aquelas persoas sen recursos que non teñen onde pernoitar”, para que “queden no centro e non transiten polas rúas”, dixo a concelleira de Benestar, Olga López. “Trátase de evitar así un posible contaxio, porque moitas delas son colectivos de risco”, engadiu, de modo que tamén “se habilitarán novos espazos con camas a medida que vaia xurdindo a demanda”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...