InicioMedioambiente e PatrimonioUnha andaina para cuestionar a necesidade de construción da Rolda Leste en...

Unha andaina para cuestionar a necesidade de construción da Rolda Leste en Lugo

Adega sinala o impacto que esta infraestructura terá sobre os terreos, ao pór en perigo construcións tradicionais como muros a pedra seca ou carballeiras e soutos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) cuestiona a necesidade da construción da Rolda Leste en Lugo e advirte sobre o impacto que tal infraestructura terá sobre o territorio. A xeito de reivindicación, convocan unha andaina para o vindeiro domingo 15 de marzo polas zonas afectadas.

O segundo tramo da Rolda Leste, previsto pola Consellería de Infraestructuras e Mobilidades, conectaría a glorieta na intersección coa estrada LU-530 (Lugo-Fonsagrada) coa glorieta da Tolda da Castela, de modo que se pretende pechar a circunvalación que rodea a cidade de Lugo.

Porén, ADEGA coida que “con este tipo de vías favorécese o illamente de núcleos” pois, “ao ter características de autovía urbana, non permite a continuidade de moitos dos camiños históricos que chegaban a Lugo”. Segundo o colectivo, a obra afectaría os muros construídos en pedra seca, cuxa técnica está declarada Patrimonio Cultural, ou ás carballeiras e soutos, que serían tallados malia ser “tan necesarios para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro”.

A asociación cre  que a construción de novas vías “debera estar ben xustificada, con datos actuais e cun proxecto de mobilidade real” que sopese “o impacto” e “os beneficios” para a cidadanía.

O PERCORRIDO

Para pór o punto de mira nesta situación, ADEGA propón unha andaina de cinco quilómetros polos terreos afectados pola futura Rolda Leste. Así, o vindeiro domingo 15 de febreiro, o percorrido comezará ás 10:00 horas na igrexa de San Fiz. Dende aí, atravesarán a Carballeira de Montirón, pasarán por Castelo e pararán en Bosende. O punto de remate será, de novo, San Fiz.

As persoas interesadas poden inscribirse nesta actividade no teléfono  982.24.02.99 ou a través do enderezo electrónico adegalugo@adega.gal.

Máis adiante, organizarán un debate público para contrapoñer posturas acerca do proxecto da Rolda Leste. Será o 22 de abril, ás 19:30 horas, no IES Lucus Augusti.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...