Unha iniciativa de Alexandra Malheiro (da tenda de artesanía Xoaniña) para loitar contra o degradamento dos soportáis da rúa Bo Xesús foi o punto de partida (co posterior apoio do pub Zinema e de Triskel Artesanía) para a execución dunha nova obra de arte urbana na nosa cidade… e máis concretamente en pleno centro histórico.
Tiven a sorte de ser avisado para presenciar todos os pasos dende a mañá de onte (20 de febreiro) ata o remate final na mañá de hoxe (21 de febreiro).
Grazas mestres Yoe 33 e Marcos por engadirlle un cuarto Patrimonio Mundial #ArteUrbana 🎨 a este lugar do mundo onde xa se cruzan tres. Grazas Xoaniña, Zinema e Triskel por sustentar a creación desta obra de arte de Concepto Circo no camiño de #LugoPatrimonioMundial 💙 pic.twitter.com/Qz6OrUbsvV
— Guido Álvarez Parga (@guidoalvarezp) February 21, 2020
Como colaborador deste medio, non podía deixar pasar a oportunidade de compartir cos lectores do Lugo Xornal esta verdadeira marabilla artística a carón dos tres Patrimonios Mundiais do centro histórico de Lugo (catro se sumamos os muros a xunta seca da contorna, especialmente no barrio do Carme).
Unha obra de arte dos grandes lucenses Yoe 33 e Marcos #ConceptoCirco apoiada por Xoaniña, Zinema e Triskel. Marabilla de iniciativa particular que se convirte en patrimonio de todos. Cuarto Patrimonio Mundial na contorna da Catedral de Lugo? #ArteUrbana #LugoPatrimonioMundial pic.twitter.com/yGE8dJEDih
— Guido Álvarez Parga (@guidoalvarezp) February 21, 2020
Non vos parece que a arte urbana de Yoe, Marcos, outros artistas lucenses e por suposto moitos artistas do mundo debería ser recoñecida pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade? Eu estou seguro de que si.