InicioEconomíaA Deputación de Lugo destina 6 millóns a rozas e diferentes obras...

A Deputación de Lugo destina 6 millóns a rozas e diferentes obras en estradas da provincia

Aproba tamén a firma dun convenio con Ourol para a reparación do pavillón e varios traballos de abastecemento de auga

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación acordou este venres impulsar novos traballos en vías da rede provincial por un importe de 6 millóns de euros, segundo explicou a portavoz socialista, Pilar García Porto. Unha primeira partida irá destina a rozas en vías das comarcas da Mariña e da Terra Chá, que discorren por 16 concellos, repartidos en catro lotes, concretamente no Vicedo, Viveiro e Ourol; Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz; Muras, Xermade e Vilalba; e Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá. O orzamento total é de 3,5 millóns de euros, para o período 2025-2027.

García Porto lembrou que “as rozas levan unha parte moi importante do investimento que destinamos a mobilidade. Este ano son máis de 27 millóns de euros, máis do 21% do orzamento, para manter nas mellores condicións posibles os 4.217 quilómetros de vías da rede provincial”.

Neste conxunto de obras, tamén foron licitados dous proxectos novos. Un, valorado en 507.968,3 euros, está destinado a rehabilitar 10 quilómetros da LU-P-1106 (entre Castro de Rei e Campo do Oso, na Pastoriza, por Reigosa). Os traballos teñen un prazo de execución de tres meses e están divididos en tres tramos.

O outro proxecto que se licitará é a mellora do trazado de dúas curvas na LU-P-5501, que vai de Meira a Riotorto, desde Riocabo ás Rodrigas. A Deputación actuará en dous puntos da vía á altura da parroquia de Ferreiravella (nos puntos quilométricos 4,965 e 5,765). Neste caso ten un prazo de execución de 3 meses e o prezo é de 63.215,24 euros.

ADXUDICACIÓNS

Este venres, a xunta de goberno adxudicou tamén 7 proxectos para a mellora de 10 vías en diferentes concellos. Un deles é en Friol, onde a empresa Construcións Leonardo Miguélez SL encargarase da rehabilitación do firme dun tramo da LU-P-2105, que conecta o empalme de Prado con San Paio de Narla; e doutro da LU-P-2115, entre O Vento e Santa Marta, na parroquia de Vilalvite.

PAVILLÓN EN OUROL

Un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo, que recibiu o visto e prace da xunta de goberno, permitirá a renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Ourol, ademais de substituír os cristais da fachada principal, unha obra que ten un orzamento de 140.000 euros. Segundo García Porto, esta obra permitirá dotar ao recinto “dun mellor illamento, aumentando a seguridade e o confort dos seus usuarios”.

ÚLTIMAS

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...