InicioSociedadeTécnicos municipais detectan humidades no novo auditorio, pero a Xunta réstalles importancia

Técnicos municipais detectan humidades no novo auditorio, pero a Xunta réstalles importancia

Persoal do Concello visitou hoxe esta infraestrutura cultural, paso previo á recepción oficial do edificio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.-  Varios técnicos do Concello de Lugo desprazáronse hoxe ata as instalacións do novo auditorio da capital lucense para supervisar a infraestrutura antes da súa recepción oficial.  Na súa visita observaron humidades e filtracións de auga en paredes e teito, algo ao que a Xunta lle restou importancia e se comprometeu a solucionar.

Á espera de que cada un dos departamentos municipais presente os informes da inspección, o Concello avanzou que se detectaran varias “deficiencias” no interior do local, seguramente como consecuencia “da ausencia de actividade” no edificio. Amais de problemas de humidades, tamén se apreciaron danos “na tarima e nas escaleiras do patio de butacas da sala principal”, así como na grifería dalgún dos aseos.

O Concello  confía en que esas deficiencias “sexan resoltas con anterioridade á entrega desta infraestrutura” á administración local, de modo que esa cesión se produza “nas mellores condicións”.

RESPOSTA DA XUNTA

Pola súa banda, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo informou de que simplemente se aprecieron “humidades puntuais en varias estancias” que, segundo os técnicos da propia Consellería de Medio Ambiente, débense “á condensación, porque as instalacións estiveron pechadas durante catro anos”.

A Xunta asegura que estas deficiencias que son de “pequena entidade” e que serán eliminadas de “maneira inmediata”, dado que está previsto que nos próximos días se leve a cabo “unha limpeza integral das instalacións”, previa á súa entrega ao Concello.

Ademais, a Xunta tamén se ocupará nos próximos días de axardinar as zonas verdes en torno ao edificio.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...