InicioMedioambiente e PatrimonioAs caldas do río Miño: oportunidade de ocio termal á custa de...

As caldas do río Miño: oportunidade de ocio termal á custa de “desperdicio enerxético”?

A asociación ecoloxista Adega sostén que a creación dunhas termas artificiais suporía un maior impacto enerxético ca o aproveitamento dos recursos xa existentes e que permanecen en mans privadas (Balneario ou Club Fluvial). O Concello, pola súa parte, resaltara os beneficios económicos e sociais destas instalacións e enumerara varias medidas que se terían en conta para reducir a súa pegada de carbono.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo conseguiu a semana pasada os terreos para construír as caldas de auga quente no río Miño. Este proxecto, co que o goberno municipal pretende dinamizar a economía e a contorna fluvial, non é acollido con gusto por algúns colectivos, que ven nel un “desperdicio enerxético” e unha mala xestión no aproveitamento das augas termais de Lugo.

A asociación ecoloxista Adega teno claro: “construír unhas piscinas de auga quente exteriores parece o antollo de alguén totalmente alleo á situación de emerxencia climática que estamos a vivir”.

O CONCELLO DESTACA A EFICIENCIA ENERXÉTICA

Sexa como for, o Concello explicara no seu día as medidas que habían levar a cabo para reducir o impacto enerxético nestas instalacións. Por un lado, o quentamento das piscinas funcionaría por aerotermia co fin de “reducir ao mínimo a pegada de carbono”. Así mesmo, aseguraban que as caldas terían unha manta térmica removible para evitar perdas de enerxía e remitían que a avaliación ambiental realizada verificaba que o proxecto é respectuoso coa contorna na que se enmarca.

Así e todo, “por moi eficientes que sexan esas medidas”, Adega cre que ese custo enerxético é “prescindible”. “O mantemento destas caldas artificiais vai xerar emisións de CO2 superiores ás que terían unhas piscinas con auga termal natural“, sosteñen. Nese sentido, avogan por que se recuperen as termas naturais existentes no canto de crear unhas caldas artificiais que “prexudican a nivel económico e ambiental”.

AUGAS TERMAIS NATURAIS EN MANS PRIVADAS

“Estanse malgastando recursos enerxéticos e ambientais para implantar espazos lúdicos que xa existen”, pero que están “privatizados“. Concretamente, falan do Club Fluvial ou do Balneario. Porén, o Concello víao doutra maneira e xustificaba a posta en marcha deste recinto atendendo aos supostos beneficios que reportaría á comunidade: “impulso da contorna fluvial”, “fomento de emprego” e potenciación turística.

“Se realmente hai unha necesidade social” de crear este tipo de espazos, Adega propón destinar o diñeiro á recuperación deses recursos naturais para o seu posterior aproveitamento. O contrario poría de manifesto, din, “a falta de sensibilidade e recoñecemento dos valores naturais do río Miño”. “Tratan de achegar o río ás persoas, e non ao revés”, critican.

ÚLTIMAS

Tomé, en reunións con Altri e Ulloa Viva: “Fibras téxtiles si, celulosa non”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSdeG-PSOE), mantivo este martes dúas reunións con...

Collidos mentres “puenteban” o contador eléctrico dunha vivenda

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron a dúas persoas por manipular os cables de...

Reunión de Altri con empresas forestais de Lugo para presentarlles o proxecto de Palas de Rei

Representantes de Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, reuníronse coa...

Dúas persoas faleceron tras chocar a súa furgoneta cun camión de cereal en Begonte

Dúas persoas faleceron este martes en Begonte ao chocar a furgoneta na que viaxaban cun...