InicioSociedadeOs destinos máis probables para Pilar de Lara serían Cataluña ou Canarias

Os destinos máis probables para Pilar de Lara serían Cataluña ou Canarias

O avogado da xuíza, Agustín Azparren, asegurou que De Lara reduciu a "unha cuarta parte" as case 90 causas sobre as que traballa "co fin de evitar máis prexuízos". Así mesmo, tamén avanzou que recorrerán a decisión do Supremo coa esperanza de que se rebaixe a sanción e non implique perda de destino.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado da xuíza Pilar de Lara, Agustín Azparren, manifestouse acerca da decisión do Supremo de apartar a maxistrada do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo. Confirmou que recorrerán esta resolución, coa esperanza de que se rebaixe a sanción, de maneira que non implique perda de destino. Nas condicións actuais, Pilar de Lara tería que entrar en concurso e os postos máis probables levaríana a Cataluña ou Canarias.

Agustín Azparren destacou que a maxistrada reduciu a unha “cuarta parte” as “80 ou 90” causas sobre as que traballa para “deixar as investigacións” practicamente finalizadas “co fin de evitar máis prexuízos a este tipo de procesos”.  Son “causas de especial dedicación que levan moito máis tempo” xa que, entre outras, atópase a ‘Operación Carioca‘, a ‘Pokémon‘ o caso Garañón.

EXPLORARÁN TODAS AS POSIBILIDADES

Na súa intervención, Agustín Azparren asegurou que á xuíza aínda lle queda unha última oportunidade despois de que o Tribunal Supremo desestimase o recurso sobre a suspensión da execución da sanción de sete meses e un día -que implica perda de destino- que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) por dilacións indebidas.

En concreto, indicou que “aínda queda un recurso de reposición ante o mesmo Supremo“, para o que hai “un prazo de cinco días para presentalo”. Con todo, avisa de que “normalmente este tipo de recursos desestímanse porque é o mesmo tribunal e os argumentos xa os expuxemos”.

“O que pasa neste caso é que existe un documento que chegou despois de presentar as medidas cautelares, que é a certificación do acordo do pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial”, explica o avogado. Segundo indicou, este certifica a deliberación que houbo para chegar á sanción no pleno e “é importante polo que di”. Así, indicou que “se resolveu en moi pouco tempo un expediente que ten 5.000 folios” e contempla “as alegacións que se fan por parte dalgún vogal (do Consello Xeral do Poder Xudicial) recoñecendo parte dos argumentos do recurso, co cal queda este último recurso (de reposición)”.

AS PRAZAS QUE NINGUÉN QUERE

O avogado, que advirte que se podería resolver nun ano, explica que, ao pasar de sete meses e un día a sanción leva a perda de destino. Por iso, sinala que a maxistrada “tería que concursar”. “E nese concurso vai a última, a última no escalafón e o normal é que agora mesmo as prazas que adoitan quedar para o final, as que menos peticións teñen, son Cataluña ou Canarias”, indicou.

Agustín Azparren considerou que “o normal” é que lle toque un destino “a máis de 1.000 quilómetros de onde estea” coa “repercusión” que iso leva para a vida familia e persoal. Por iso, explicou que “o argumento principal” do recurso é que a medida “sería irreversible” se despois o Tribunal Supremo estima o recurso parcialmente e o reduce a cinco meses (tempo que non levaría aparellada a perda de destino).

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...