InicioPolíticaLugo pretende ceder á Xunta a xestión de todas as escolas infantís...

Lugo pretende ceder á Xunta a xestión de todas as escolas infantís municipais

O goberno local anunciouno así logo de que Feijóo confirmara que as garderías autonómicas serán gratuitas a partir do segundo fillo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O goberno local de Lugo anunciou a súa intención de ceder á Xunta de Galicia a xestión das catro escolas infantís de titularidade municipal que hai na cidade.

O anuncio fixérono despois de que a conselleira de Política Social, Fabiola García, confirmase esta semana que as escolas infantís xestionadas pola administración autonómica serán gratuítas para os segundos fillos e sucesivos de cada familia.

En rolda de prensa, o tenente de alcalde e o concelleiro de Educación, os nacionalistas Rubén Arroxo e Felipe Rivas, anunciaron a intención do goberno local de contactar coa Xunta para que “asuma a xestión das escolas infantís municipais”. Segundo Arroxo, despois das “declaracións do presidente”, Alberto Núñez Feijóo, sobre “as melloras que quere ofertar” nas escolas infantís, “entendemos que a Xunta de Galicia ten que asumir as súas competencias”.

“A Concellería de Educación inviste anualmente máis de 1,3 millóns de euros para ofrecer este servizo a máis de 200 nenos e nenas”, indicou Felipe Rivas, quen lembrou que “aproximadamente o 10 % dese investimento procede das taxas que ingresan as familias”.

Se a Xunta aplica a gratuidade para o segundo fillo perderíanse parte deses ingresos, sen que se nos ofreza unha explicación de como se vai a compensar esa situación”, insistiu Rivas, quen precisou que a achega actual da administración autonómica para o funcionamento das escolas infantís circunscríbese a 17.000 euros para as catro. Namentres, lembrou, “o Concello está a investir 123.000 euros ao ano na única escola infantil do Consorcio que hai en Lugo”.

“Esperamos que a Xunta de Galicia mostre compromiso e este proceso se estenda o menos posible no tempo”, engadiu o edil nacionalista, ademais de precisar que “no pasado o BNG xa defendeu que a xestión das escolas infantís se trasladase á rede de Galescolas”.

PRAZOS PARA QUE ENTRE EN VIGOR

Nas escolas infantís públicas autonómicas, privadas e concertadas o sistema de gratuidade para o segundo fillo entrará en vigor o próximo día 1 de abril, segundo anunciou o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Mentres tanto, nas de titularidade municipal haberá que agardar ata o próximo curso, a condición de que os concellos non teñan débedas co Consorcio.EFE

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...