InicioSucesosUn perito determinará se paga a pena reparar o catamarán da Deputación...

Un perito determinará se paga a pena reparar o catamarán da Deputación que se afundira no Miño

O goberno provincial está á espera de que o correspondente informe técnico conclúa o alcance real dos danos sufridos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno da Deputación de Lugo informou de que está á espera do correspondente informe pericial sobre os danos que sufriu o catamarán afundido no río Miño durante o pasado temporal. A decisión respecto do futuro da embarcación dependerá da valoración do perito.

O catamarán Pelegrín I, afundido durante a noite do 19 ao 20 de decembro á altura da ponte das Saamasas, xa foi reflotado e trasladado ao recinto que a Deputación Provincial ten no municipio de Begonte. Alí permanecerá ata que dito informe técnico determine o alcance real dos danos sufridos e o custo dunha hipotética reparación que conclúa se paga a pena reparalo ou, pola contra, se se opta por envialo a despezar.

CRÍTICAS DO PP

Namentres, o Partido Popular queixouse de que a embarcación leva xa “varios días deteriorándose” aínda máis “ao aire libre” , xa que “non cabe” no interior das naves que a Deputación ten en Begonte.  Ao seu xuízo, “o caso do barco afundido en Lugo é unha clara mostra de como o goberno bipartito entende a xestión do diñeiro público”. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...