InicioMedioambiente e PatrimonioA maleza invade o paseo do río Rato

A maleza invade o paseo do río Rato

O PP critica a "falta de mantemento" do goberno socialista durante os últimos anos e lémbralle que esta é unha das áreas preferidas polos lucenses para facer deporte, polo que se debería poñer máis tino en coidala.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O mal estado que presentan algúns tramos do paseo do río Rato foi motivo de denuncia por parte do grupo municipal do PP. Esta área está “abandonada e invadida” pola maleza, algo que achacan aos gobernos socialistas por “deixar ao seu rumbo” unha das principais zonas verdes da cidade.

O concelleiro popular Óscar Poy lamentou a imaxe “case desoladora” que atopan os lucenses e os turistas que se achegan á zona. “É case imposible ver o río Rato, xa que a maleza cobre por completo o leito do río; algo que non é de onte, xa que hai portóns nalgún caneiro que está totalmente cubertos por herbas”, asegurou. Así, referiuse, por exemplo, a unha ponte que une as dúas beiras do paseo e que leva meses “inutilizada”.

Algúns treitos do camiño pasaron de ter algo máis de dous metros de ancho a contar con tan só 30 centímetros de espazo, critican dende o PP para afear a “falta de mantemento” que reflicte esta realidade. Buracos de gran tamaño e profundidade son outras das deficiencias que observa Óscar Poy ao largo do paseo.

“Están a achicarse os camiños (…) e é unha mágoa”, di. Insiste en que o paseo do Rato é un dos lugares prefereidos polos lucenses para camiñar ou facer deporte, así que advirte que se debería coidar para evitar riscos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...