InicioAncaresBarallaGuntín rexistra un tremor de magnitude 1'5, o sexto detectado na provincia...

Guntín rexistra un tremor de magnitude 1’5, o sexto detectado na provincia desde o sábado

Nas últimas horas detectáronse sismos nos municipios de Incio, Baralla, Triacastela e Becerreá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou na madrugada deste luns un movemento sísmico de magnitude 1,5 con epicentro no municipio de Guntín, o sexto tremor detectado na provincia desde este sábado.

O Instituto Xeográfico Nacional detalla que este terremoto se rexistrou ás 2,13 horas da madrugada deste luns a unha profundidade de tres quilómetros.

Este tremor foi o sexto rexistrado na provincia desde a noite deste sábado. En concreto, nas últimas horas detectáronse varios movementos sísmicos de magnitudes comprendidas entre 1,7 e 2,5 nos municipios lucenses do Incio, Baralla, Triacastela e Becerreá.

Os terremotos con maior magnitude rexistráronse pouco despois das 5,00 horas da madrugada deste domingo en Baralla e Becerreá, con magnitudes de 2,1 e 2,5, respectivamente.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...