InicioLugo e contornaFriolNa Feira do Queixo de Friol, sinaturas para 'Altri non'

Na Feira do Queixo de Friol, sinaturas para ‘Altri non’

Olalla Rodil destaca á importancia deste evento e da denominación de orixe do queixo Arzúa-Ulloa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Ulloa Viva informou e recolleu firmas contra a celulosa de Altri no concello de Palas de Rei no marco da Feira do Queixo de Friol. A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG e deputada pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, destacou a importancia desta feira como “un dos puntos centrais da denominación de orixe do queixo Arzúa-Ulloa” e convidou á xente a vir para gozar dos distintos productos. Queixerías e o pan de Ousá, así como todos os elementos propios dunha feira que se preste.

De igual forma, Rodil foi unhas das persoas que firmou para combater a chegada da celulosa de Altri, nunha iniciativa de Ulloa Viva. Aquí, as súas declaracións.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...