InicioSociedadeControis policiais por toda a provincia para garantir o cumprimento das restricións

Controis policiais por toda a provincia para garantir o cumprimento das restricións

A Policía Autonómica estableceu dispositivos en Cospeito, Friol, Lugo, Vilalba ou Monforte de Lemos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Autonómica realizaron durante a pasada fin de semana un total de 19 dispositivos de vixilancia na provincia de Lugo para garantir o cumprimento das medidas adoptadas contra a pandemia. En tales controis identificaron a 48 persoas e tramitaron seis denuncias.

Segundo informou a propia Policía, os axentes estableceron dispositivos de control entre os días 18 e 20 de decembro nos concellos de Cospeito, Friol, Lugo, Vilalba, Monforte de Lemos, Chantada, Burela, Viveiro e Xove.

Pretendían vixiar o uso obrigatorio da máscara, a distancia de seguridade e a capacidade e horario dos locais hostaleiros, así como evitar a realización de botellóns.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...