InicioLugo e contornaCastroverdeDescuberta unha necrópole medieval en Castroverde con máis de vinte tumbas

Descuberta unha necrópole medieval en Castroverde con máis de vinte tumbas

O descubrimento tivo lugar durante os traballos de consolidación dos restos da casa reitoral que o Concello de Castroverde desenvolve na antiga edificación situada sobre un castro e á beira da igrexa parroquial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha necrópole medieval con máis de 20 tumbas foi achada no lugar de Eirexe, na parroquia de San Miguel de Páramo, no municipio loces de Castroverde. Diso informou a Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, que explica que o achado se produciu o pasado mes de xuño e se tata dunha das necrópoles de orixe altomedieval máis grandes de Galicia.

En concreto, o descubrimento tivo lugar durante os traballos de consolidación dos restos da casa reitoral que o Concello de Catroverde desenvolve na antiga edificación situada sobre un castro e á beira da igrexa parroquial. A asociación detalla que, durante os traballos de escavación dirixidos polo arqueólogo Francisco Hervés, púxose ao descuberto máis dunha vintena de tumbas paralelas e orientadas en dirección suroeste-noroeste, entre a reitoral e o camiño de acceso á igrexa.

Froito destas actuacións, elaborouse un informe preliminar que se remitiu á Consellería de Cultura e Educación, que deberá decidir sobre o futuro do xacemento. Amigos do Patrimonio de Catroverde destaca que este municipio é, xunto co Corgo, un dos concellos da provincia de Lugo con máis enterramentos antropomorfos altomedievais, con outros exemplos nos lugares de Recesende e Goi.

Á vista de achado, a asociación enviou un escrito á Consellería de Cultura na que pide un maior control nos traballos en execución no conxunto da casa reitoral, así como información sobre a necrópole e a continuación das actuacións que permitan un maior coñecemento e difusión da súa amplitude e características.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...