InicioLugo e contornaCastroverdeSorprenden 'in fraganti' a un presunto incendiario reincidente en Castroverde

Sorprenden ‘in fraganti’ a un presunto incendiario reincidente en Castroverde

O lume, con tres focos, afectou a superficie agrícola pero non forestal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural esclareceu nas últimas horas un incendio rexistrado na parroquia de Serés, no municipio lucense de Castroverde, no que se chegaron a producir tres focos de lume.

Así, tras un operativo específico de vixilancia, tres axentes da UIFO sorprenderon ‘in fraganti’ na tarde deste xoves ao presunto incendiario, ao que tamén atribúen varios incendios rexistrados con anterioridade nesa zona.

Grazas á rápida intervención dos axentes, o lume deste xoves quedou reducido a un conato de apenas 6 metros de superficie e que afectou só a chan agrícola, sen chegar a afectar o monte. Para a súa extinción mobilizáronse dous axentes, unha brigada e unha motobomba, e as chamas quedaron sufocadas en menos de media hora.

A Consellería do Medio Rural reforzou o despregamento da UIFO estes días debido ás condicións meteorolóxicas e mantén, ata novo aviso, a prohibición de realizar queimas de restos agrícolas ou forestais por parte de particulares.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...