InicioLugo e contornaAs familias das vítimas do dobre crime do Cash Record manifestaranse o...

As familias das vítimas do dobre crime do Cash Record manifestaranse o día 30 en Lugo polo 25 aniversario

"O poder xudicial en Lugo é unha vergoña", lamentou a muller que quere localizar a quen matou á súa irmá e ao seu compañeiro de traballo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias das vítimas do dobre crime do Cash Record volverán manifestarse o día 30 de abril cando se cumpren 25 anos destes feitos sen resolver. O 30 de abril de 1994, sobre as 19,00 horas, Isabel López achou os cadáveres da súa irmá Elena, caixeira no Cash Record, e do reponedor Esteban Carballedo, ambos con disparos.

O próximo 30 cumpriranse 25 anos deste dobre crime, sen resolver, e que presenta numerosas lagoas en canto á investigación que levou a Policía Nacional, denunciaron as familias. Por iso, as familias queren celebrar o aniversario volvéndose a manifestar ese día ante os xulgados de Lugo, na Praza de Avilés. Ademais, a irmá dunha das vítimas, Isabel López, mostrouse disposta a encerrarse na Fiscalía despois do 30.

Desde o 9 de decembro do pasado ano non saben nada con respecto a esta investigación que leva o Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo tras expirar a prórroga de seis meses para continuar coa investigación.

Non sabemos nada desde o 9 de decembro, que era cando terminaba a prórroga que nos deron. Non sabemos nada, están calados (nos xulgados), non contesta a Fiscalía, nin o xuíz. O xuíz di que pasou as cousas á Fiscalía e estamos a expensas de que nos contesten”, reprochou. Isabel López, que estivo en folga de fame tras o que reactivou a instrución, pensou agora en “encerrarse” na Fiscalía ata obter unha resposta de como van as pescudas, se avanzaron ou non se fixo nada.

“A PELOTA ESTÁ NO SEU TELLADO”

“En principio se non contestan despois o aniversario plantareime na Fiscalía (de Lugo) ata que me conteste o fiscal. Suponse que a pelota está no seu tellado“, advertiu. Isabel López participou o mércores na concentración de respaldo á xuíza Pilar de Lara e lembrou o seu caso para apelar a que as familias das vítimas levan “con atrasos 25 anos”.

“O poder xudicial en Lugo é unha vergoña”, lamentou esta muller que quere localizar a quen matou á súa irmá e ao seu compañeiro de traballo pola memoria dos asasinados e polos seus dous sobriños dos que se fixo cargo.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...