InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo contrata varios servizos para o Concello de Pol

A Deputación de Lugo contrata varios servizos para o Concello de Pol

O portavoz do goberno provincial na Deputación de Lugo, o socialista Álvaro Santos, informou tras a xunta de goberno deste venres da aprobación para "a contratación dos servizos de limpeza, manutención e asistencia básica para a residencia e centro de día no Concello de Pol".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do goberno provincial na Deputación de Lugo, o socialista Álvaro Santos, informou tras a xunta de goberno deste venres da aprobación para “a contratación dos servizos de limpeza, manutención e asistencia básica para a residencia e centro de día no Concello de Pol”.

En concreto, destinarase 1,9 millóns de euros, cos que “se financiarán estas prestacións durante catro anos, sendo a adxudicataria Mensaxeiros pola Paz debido ás mellores ofertas e á redución nos custos pois exime á Deputación do pago do 4 por cento do IVE polo seu obxecto social”.

Santos dixo que entre as “melloras ofertadas destacan as 78 horas mensuais de actividades para os maiores, a atención especializada en áreas como nutrición, respiración, hidratación, hixiene persoal, mobilidade, a prestación de servizos complementarios e gratuítos como sesións mensuais de podoloxía, barbaría ou barbería, menús adaptados por nutricionistas”, concretou.

Ademais, aprobouse, abundou, “iniciar con 35.000 euros o proceso de compra de todo o material de lencería; toallas, babeiros, sábanas, necesarios nos centros de maiores de Pol, Trabada e A Fonsagrada”.

Tamén aproveitou para recriminar que o “Partido Popular non está a ter éxito para a súa xudicialización”. “E se a Xunta concede a PIA da Fonsagrada, teremos todo listo para abrir entre abril e maio as residencias de Trabada, Pol, Ribadeo e A Fonsagrada”, afirmou.

O alcalde de Pol, Liño Rodríguez, que acompañou a Santos na rolda de prensa, agradeceu ao goberno da deputación e ao presidente provincial, Darío Campos, “e aos servizos xurídicos desta casa”.

Así mesmo, apelou a que tiveron, por parte da Deputación e o Concello, que “pelexar” cos “inimigos” para estas infraestruturas, situando como “inimigos” ao “Partido Popular que cos seus votos en Suplusa animaron a un díscolo, Manolo Martínez que no seu desquite e cos seus desquites políticos tentan por todos os medios que, neste caso, non abra a residencia de Pol”, manifestou.

Con todo, sinalou que confía que en maio estea para abrir o devandito centro, que contará con 12 habitacións individuais e 12 dobres. A Deputación achegará por cada maior “ata un máximo de 600 euros”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...